I+D no novo Goberno:innovación vs estabilidade.

Escrito por Acienciaebela 20-11-2016 en novo ministerio. Comentarios (0)

El País, 14/11/2016. Diego Moñux.

"Nos últimos meses asistimos tanto á demanda de creación dun ministerio de ciencia, por parte da comunidade investigadora, como ao queixume posterior pola perda desta oportunidade no novo goberno Rajoy. Este activismo das sociedades científicas é de agradecer nunha longa campaña electoral na que, salvo excepcións como o debate da Fundación COTEC, a ciencia e a innovación quedaron relegadas do primeiro plano.

Na historia da democracia española só contamos cun ministerio para a ciencia na segunda lexislatura de Aznar (Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía - MICYT, 2000-2004, ministra Birulés e ministros Piquei e Costa) e na segunda de Zapatero (Ministerio de Ciencia e Innovación - MICINN, 2008-2011, ministra Garmendia). Destes oito anos, só houbo un no que a política de universidades estivo integrada na ecuación: o que se corresponde coa primeira época do MICINN (2008-2009), único momento no que tivemos un verdadeiro ministerio de triángulo de coñecemento no que, con todo, algúns sectores da universidade española non parecían sentirse representados.

O MICYT pola súa banda sumou a política de telecomunicacións que volveu a Industria ata este novo Goberno, onde se eleva a rango ministerial como axenda dixital lanzando un sinal político claro e, sobre todo, integrou á maioría dos Organismos Públicos de Investigación. Unha unificación dos OPI que xa non foi revertida: mantívose primeiro no Ministerio de Educación e Ciencia e logo no MICINN, que incorporou ademais o Instituto de Saúde Carlos III. Esta herdanza integradora pasou á Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación (SEIDI) do ministerio de Economía e Competitividade (2012-2016) e foi defendida con enerxía pola secretaria Carmen Ver. Neste sentido, o anuncio da permanencia da SEIDI no Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, completada coa confirmación de Vela, garante a continuidade do modelo.

Nos dous casos mencionados, a posta en marcha dos ministerios específicos ha tido consecuencias positivas en termos de innovación sobre as políticas de innovación: de creatividade nas iniciativas e nos programas. Basta pensar no lanzamento da Fundación FECYT ou nos programas Ramón e Cajal e NEOTEC da época MICYT; ou lembrar os programas INNVIERTE e Severo Ochoa, a Compra Pública Innovadora ou a Lei da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación da época MICINN. Doutra banda, os períodos seguintes han mostrado que a innovación política necesita estabilidade para ter impacto: os novos instrumentos resultaron efectivos tanto polo seu deseño, en moitos casos afinado cos anos, como pola continuidade das apostas e os equipos técnicos.

As políticas de ciencia e innovación son de longo prazo e a perseveranza nos programas que funcionan, máis aló do ciclo político dunha lexislatura, é tan importante como o ensaio de novas solucións. Que a arquitectura institucional da función de I+D+i da Administración Xeral do Estado cambiase seis veces en vinte anos, algo infrecuente noutros departamentos ministeriais e inimaxinable noutros países, é un síntoma de que algo falla. Por iso é tan relevante que a finais do ano pasado púidose crear a Axencia Estatal de Investigación, chamada a mellorar a xestión dos programas de financiamento, facelos máis robustos aos cambios políticos e, confiemos, desacoplarlos parcialmente dos ciclos orzamentarios."

Eu penso que é moi importante, xa que si temos n ministerio que se dedique solo a estos temas, abordaríanse temas e cuestións importantes que polo de agora quedaron no limbo. A ciencia quedaría mellor respaldada dentro do Goberno e tamén a nivel dos cidadáns. Destinar diñeiro a investigación é invertir en futuro, dado que un país sin investigación, sin sanidade e sin educación, non é un país. Os países pioneiros en investigación son países que se preocupan polo benestar e futuro dos cidadáns. Con un novo goberno que acaba de comenzar, tendríamos que "obligarlle" ós nosos dirixentes que aborden estas cuestións, as que parecen non importarlle moito.