Científicos de todo o mundo prepáranse para a 'Marcha pola Ciencia'.

Escrito por Acienciaebela 22-04-2017 en ciencia. Comentarios (0)

A maioría das miradas centraranse en Washington, aínda que tamén hai convocadas marchas noutras 550 cidades do mundo. A iniciativa responde aos recortes propostos por Donald Trump.

Tamén hai convocadas marchas noutras 550 cidades do mundo, como Bogotá, Cidade de México, Hong Kong, Cidade do Cabo, Madrid, Barcelona, Berlín e Copenhague, segundo figura na web dos organizadores.

En Washington, a xornada comezará con diferentes seminarios nos que participará por exemplo Carmen Revenga, unha científica española que forma parte do equipo mariño da organización The Nature Conservancy, onde dirixe a estratexia global de pesca sostenible.
Revenga, que vive desde fai 20 anos en EE.UU., séntese preocupada polo orzamento presentado por Trump en marzo, que aumenta o gasto militar a cambio de recortes en importantes axencias científicas, como a NASA e a Axencia de Protección Medioambiental (EPA), encargada de estudar o cambio climático.