Nova arma contra o cancro de fígado

Escrito por Acienciaebela 22-04-2017 en ciencia. Comentarios (0)


O nivolumab, un medicamento que xa se aplica no tratamento do cancro de pel, pulmón e riñón, resultou tamén eficaz na terapia dos enfermos de cancro de fígado avanzado. Así o demostra un estudo realizado por un equipo de médicos españois que o probou en 262 pacientes coa colaboración de 39 centros hospitalarios de 11 países. No 15% dos pacientes tratados con este fármaco conseguiuse reducir o tumor. Na metade deles conseguiuse estabilizar a enfermidade durante máis de 17 meses. Ademais, nalgúns casos, o tumor desapareceu por completo.

Como actúa o fármaco?A existencia dun tumor maligno altera o sistema inmune dun enfermo, que recibe un sinal de inactivación. As inmunoterapias, como é o caso do nivolumab, intentan bloquear ese sinal que deprime as defensas, para que estas poidan exercer a súa función e atacar ao tumor.