QUE PODE ENSINARNOS SOBRE O CANCRO O FÓSIL DUN HOMÍNIDO DE 1,7 MILLÓNS DE ANOS?

Escrito por Acienciaebela 11-02-2017 en ciencia. Comentarios (0)

Parece que o cancro leva bastante tempo connosco, e este achado pon de relevo una das preguntas máis fascinantes sobre esta enfermidade: Por que existe o cancro, para empezar?
O cancro é unha enfermidade mortal, e era especialmente letal antes do recente descubrimento de tratamentos eficaces. 


Os investigadores descubriron o cancro nun metatarsiano, un dos ósos longos do pé situados xusto detrás do dedo gordo. Os científicos analizaron a mostra con raios X de alta resolución, co que se puxeron de manifesto máis detalles da lesión e xerouse unha imaxe tridimensional que revelou  que as células do tumor creceran de forma desorganizada e sobresaían da propia estrutura do óso. Chegaron á conclusión de que era un cancro óseo.