Os niveis do mar poden subir tres metros para final de século

Escrito por Acienciaebela 28-04-2017 en NOAA. Comentarios (0)

Os niveis mundiais do mar poderían aumentar en máis de tres metros, -máis de medio metro sobre o previsto-, este século só, si as emisións de dióxido de carbono continuasen sen diminuír.

Utilizando novas proxeccións de perda de masa no Antártico e un método estatístico revisado, os investigadores concluíron que o escenario máis desfavorable dun aumento do nivel do mar de 2,5 a 3 metros era posible para 2100.

O quecemento global inabarcable conducirá a un aumento do nivel do mar de moitos metros, posiblemente máis de dez metros, en poucos séculos, ameazando seriamente a moitas cidades de todo o mundo que se constrúen en deltas de río de baixa elevación". A investigación -publicada este mes en Environmental Research Letters- é consistente co recente axuste da Administración Nacional Oceánica e Atmosférica (NOAA) do seu posible elevación futura do nivel do mar de dous a 2,5 metros.