CIENCIA, ARTE E TECNOLOXÍA UNIDOS EN ETOPIA

Escrito por Acienciaebela 08-02-2017 en Etopia. Comentarios (0)

Unha nova programación chega ata Etopia Centro de Arte e Tecnoloxía da man da Fundación Zaragoza, Cidade do Coñecemento.

A cultura dixital impón retos na sociedade que hai que afrontar apoiándose nas novas tecnoloxías. E non só nelas, a ciencia e a arte súmanse á tecnoloxía porque aínda que sexan disciplinas diferentes non hai que esquecer que van da man.

As actividades divídense en tres liñas temáticas centradas na educación e a innovación docente; na conexión arte, ciencia, tecnoloxía e sociedade, e nas novas formas e linguaxes da cultura dixital contemporánea. Toda a programación pretende "potenciar o que xa se facía e reforzalo con novos programas", destaca o director xerente da Fundación Zaragoza Cidade do Coñecemento, Mariano Salvador.